15 de febrero de 2016

RECIBIMOS A CARTA DE XUMI

Nestes días chegounos ao cole unha carta de XUMI, un extraterrestre moi especial!!!

Mirade o que nos pediu...


Tamén nos enviou un conto de satélites e naves espaciais!!!


2 de febrero de 2016

FESTIVAL NADAL

Un ano máis o cole de Maside organizou un estupendo Festival de Nadal

Tamén cantamos unhas panxoliñas na residencia de maiores Casa Grande (Maside)


 Fixémolo tan ben que ata se achegou Papa Noel a traernos uns agasallos








26 de enero de 2016

RECANTO DO CARTEIRO

Coas cousas que tod@s fostes enviando ao cole (familias, profes, carteir@s...) 
mirade que RECANTO DO CARTEIRO mais chulo preparamos!!





11 de enero de 2016

CANTAMOS E BAILAMOS CON LYDIA BOTANA

Recibimos a visita de LYDIA BOTANA



Sorprendeu cun conto moooi especial que xa temos na biblio do cole " De aquí para alá"
Mirade como nos divertimos cantando e bailando






Neste enlace teredes mais información sobre Lydia Botana

4 de diciembre de 2015

FACEMOS PALMERAS PARA CELEBRAR OS CUMPLES DE NOVEMBRO!!


Para celebrar os cumples do mes de novembro preparamos unhas PALMERAS!!!

U. cumple 5 anos

Aquí tendes a receita:

1º: ESTIRAMOS A MASA DE HOJALDRE (MASA DE FOLLADO)





2º: BOTÁMOSLLE AZUCRE E CANELA

3º: ENROLLAMOS A MASA


4º: CORTAMOS A MASA CUN COITELO FACENDO AS PALMEIRAS


5º- METÉMOLAS NO FORNO.....E  LISTAS PARA COMER!!!

















Mmmmm....estaban tan boasss que non quedou nadiña!!!!

1 de diciembre de 2015

VISITA SORPRESA!!!

Os menos e nenas de Infantil tivemos unha sorpresa moi esperada......




A carteira Ángeles acompañounos unha mañá. 
Contounos moitísimas cousas sobre o seu oficio... ata nos enseñou o que se pon cando fai moito frío.




Estivemos moi atentos e fixemos tantas preguntas que case perdemos o autobús......




Moitas grazas pola visita Ángeles!!!


22 de noviembre de 2015

CELEBRAMOS O MAGOSTO

CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!!

O mércores día 11 de Novembro, celebramos o magosto. Foi un día con moitas actividades e sorpresas.......

POLA MAÑÁ:

Recibimos unha visita moi especial:  Os maiores da Residencia "Casa Grande".


Viñeron a ensinarnos "xogos tradicionais": o aro, o truco, os bolos, tragacastañas, a chave e a petanca. Aquí temos unha mostra do ben que o fixeron.








Os nenos e nenas de infantil atenderon ás súas explicacións con moito interese....




Despois puxeron en práctica o aprendido. Qué divertido!!!.







Despois dos xogos démoslle unha homenaxe moi merecida aos maiores de "Casa Grande".
Puxemos un vídeo sobre a evolución do noso horto escolar, no que eles colaboran durante o verán. Ademáis quixemos ter unha pequena mostra de agradecimiento cunhas medallas para darlles as grazas pola súa colaboración e atención. 
Rematamos cun riquísimo pan de millo. Moitas grazas!!!!!.




POLA TARDE:

Máis xogos e riquísimas castañas......