2 de junio de 2016

IMOS Á CONVIVENCIA DE XURXO E SABELA

Este ano Xurxo e Sabela preparáronnos unha gran festa o 25 de maio no colexio de As Neves

 Viñeron a recibirnos e animaronnos bailando e cantando unhas divertidas cancións



Tiñannos preparados un montón de obradoiros onde nos ensinaron cousas moi interesantes sobre os astronautas, os planetas...
No contacontos dun astronauta e o seu mecánico
Fixemos un astronauta e un foguete no obradoiro de plástica
Pescamos planetas e estrelas nunha piscina chea de auga

Disfrutamos dun taller de maquillaxe
Xogamos cun robot astronauta que viaxaba polo espacio
Ensinaronnos os planetas do sistema solar


Logo comemos o xantar e xogamos antes de vir de volta a Maside
 

31 de mayo de 2016

QUE BEN O PASAMOS NA XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!

O venres 20 de maio celebramos unha xornada de portas abertass

Tivemos unha morea de actividades...

Primeiro asistimos aos obradoiros de artesáns

A cesteira Belén ensinounos a facer pulseiras, figuras e cestos
Roberto ensinounos a profesión de tallador e os seus traballos

Conchi Outeriño ensinounos como manexar un telar

 
José Piñeiro explicounos o que facía un torneiro

Logo participamos nos xogos de reciclaxe organizados pol@s voluntari@s da Cruz Vermella 

Agora picade neste enlace: MAIS FOTOS DA XORNADA PORTAS ABERTAS

Despois de tanto xogar.... fomos a xantar!!

Pola tarde tivemos concierto do grupo "Tanto nos ten"

cos que cantamos e bailamos ata quedar cansos!!!

 

27 de mayo de 2016

Brochetasde froita para celebrar os cumples de abril e maio!!

No obradoiro de cociña deste mes preparamos BROCHETAS DE FROITA
para celebrar os cumples do mes de abril e maio

E. cumpriu 4 anos e M. e S. cumpriron 5 anos.

 Empezamos lavando, pelando e cortando as froitas...
























Logo puxémolas nos paus das brochetas....e listas para comer!!!











20 de mayo de 2016

IMONOS DE CONCERTO!!!

Para celebrar o Día das Letras Galegas fomos de excursión ata o auditorio de Ourense


para disfrutar dun concerto do grupo musical 
"Mamá Cabra"!!!

http://fotos00.farodevigo.es/2012/12/23/318x200/v4.jpg


Que ben o pasamos cantando e bailando!!


Se queredes escoitar outras cancións aquí tendes mais enalaces:


 Páxina web

Blog de Mamá Cabra


OS MAIORES AXÚDANNOS A PLANTAR NA HORTA

O dia 29 de abril celebramos o Dia Europeo da Solidariedade Interxeneracional cunha visita moi especial!!


Os maiores da Casa Grande de Maside xuntos cos nenos e nenas reflexionamos sobre o que pensaban uns de outros, e as diferenzas da infancia en cada unha das épocas.

Viñeron ensinarnos a prantar as hortalizas na horta e no xardín de herbas aromáticas























Se picades neste enlace podedes ver mais fotos!!! 


No blog da horta podedes ver o reportaxe que nos fixeron os entrevistadores de Telemiño: