13 de enero de 2017

OS REIS DÉIXANNOS UNS AGASALLOS NO COLE

Comezamos o 2017 cuns agasallos no cole!!!

Mirade o que nos deixaron os Reis Magos...




E ademais pintáronnos o patio de infantil!!





ÁRBORES DE NADAL CON FROITAS

Este mes de decembro celebramos  os aniversarios de U. e A. 
elaborando unha árbore de nadal moi especial!!

Mirade como a fixemos...
Primeiro lavamos e pelamos as froitas





Despois cortámolas á metade


Logo colocámolas cun crevadentes nunha base de cenoria e mazá




Para rematar colocamos na cima unha estrela fugaz de de mango!!

e logo sopramos a candea do número 3


e por fin....a papar!!!




21 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe pasámolo xenial

Fomos á Residencia de maiores "Casa Grande" de Maside

para cantarlles unhas panxoliñas que levabamos moi ensaiadas!!



Ata tivemos unha sopresa moi especial...

Chegou Papa Noel para escoitarnos cantar!!!


e agasallarnos cunhas lambetadas


Logo bailamos a nosa panxoliña de Nadal 

no IES nº1 de Carballiño


FELICES FESTAS E BO NADAL!!!

9 de diciembre de 2016

CHEGOU DECEMBRO...

Esta semana comezou Decembro..e xa estamos preparando todo para o nadal!!!


Mirade que panxoliña estamos a ensaiar...podedes cantala na casa para axudarnos a memorizala!!

Esperamos que vos guste!!

Aniversarios do mes de Novembro

Hoxe día 30 celebramos no cole os aniversarios do mes de Novembro.
No obradoiro de cociña fixemos un "Verme moi san".
Para facelo necesitamos: Pan de molde
                                         Queixo
                                         Xamón iork
                                         Froitas: mandarinas e kiwis.
                                         2 aceitunas e 2 conguitos
O primeiro que fixemos foi cortalo pan cun molde para que quedase moi redondiño

Despois puxémoslle o queixo e o xamón iork por enriba

Cortamos ó medio, e decoramos coas froitas, as aceitunas e os conguitos

 


 E xa está o verme listo para comelo, pero primeiro cantámoslle o cumpleanos feliz os nenos-as que estaban de aniversario



E despois papámolo todo, todo, todo.....


25 de noviembre de 2016

25 NOVEMBRO- NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe no cole miramos este vídeo para conmemorar un día tan importante


Logo decidimos que iamos ser os primeiros en decir NON Á VIOLENCIA!!





 Coas nosas mans queremos axudar!!!



Non hai profesións de mozos ou de mozasss...somos todos iguais!!!






17 de noviembre de 2016

Viva o Magosto!!!!!! - 2016

O xoves día 10 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Fixemos moitas actividades.

Primeiro reciclamos unha botella de plástico, e convertémola nun orixinal "gardacastañas".



 

Logo practicamos un montón de xogos populares: encestacastañas, as chapas, os sacos e ó burro cargado de castañas.






Tamén vimos as nenas que participaron na exhibición de patinaxe




Despois fomos comer as castañas onda a cacharela e bailamos ó son dos gaiteiros!!