Aniversarios do mes de febreiro
Hoxe como todos os meses fixemos o obradoiro de cociña para festexar os aniversarios dos nenos-as que naceron no mes de Febreiro.
Esta vez fixemos uns biscoitos moi, moi ricos.
Primeiro escacharon os ovos nun bol
Despois bateron cunha barilla os ovos
Engadímoslle o aceite
Puxemos un iogur sin lactosa. E tamén lle engadimos a fariña e o azucre.
E tivemos que remexer, e remexer todo, para que quedase ben misturado.
Puxémoslle un pouco de raidura de limón, azucre avainillado e un chisquiño de canela.
Por ultimo levamólo o forno ... e mirade como quedaron!!!
Os nenos-as decoráronos con lacasitos e amorodos.
Os nenos -as que estaban de aniversario sopraron as candeliñas e todos-as lles cantamos, para felicitarllo: Parabens para ti........
Por último papámolo todo, Ummm!! Que rico