6 de junio de 2017

FESTA DE XURXO E SABELA!!

O día 31 de maio XURXO e SABELA 
preparáronnos unha gran festa no cole de Padrenda- Crespos
coa axuda dos profes do cole de As Neves, Ramirás, Maside, Padrenda e Cortegada


Este ano o lema foi "Merca con sentido, come san"





Tivemos unha morea de obradoiros onde disfrutar...


A pirámide alimenticia

"Un supermercado moi natural"

"A nosa abella saúdable"

Maquillaxe

Obradoiro de psicomotricidade

"Pintamos con froitas e verduras"

  Contacontos con Balbina e o Polo Pepe

Tamén aprendemos algunhas cancións....



picade nestes enlaces para escoitalas...
 


 

GRAZAS POLA INVITACIÓN DE XURXO E SABELA!!!

CUMPLES DE MAIO!!

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de Maio.
Fixemos como todolos meses un obradoiro de cociña.
Elaboramos un biscoito moi especial 

Primeiro escachamos os ovos nun bol e despois batémolos


Engadímoslle os iogures


Empregamos o vasiño do iogur para medir e engadir a fariña e o azucre.

Despois de misturar todo moi ben, baixamos a masa á cociña para metela no forno.....Unha vez na aula decorámolo,deste xeito tan fantástico



Agora so nos falta agasallar os compañeiros e compañeiras con este doce tan rico
Todos cantamos e desexámoslles feliz aniversario.


 Os nenos-as que estaban de aniversario eran: 
A.que cumpliu 4 anos, 
E. que cumplia 5 anos 
e S. e M. que cumplían os 6 anos.




QUE  RICO!!!!

1 de junio de 2017

DÍA DA INTERXENERACIONAL COS MAIORES E CON SÉS

O día 11 de maio celebramos o día interxeneracional 
cos maiores da residencia Casa Grande de Maside
e con..... SES!!!


Foi un día moi especial!!!

Celebrámolo cun obradoiro de cociña cos maiores no noso cole
elaboramos unhas brochetas de froita dirixidos polo profe Javier

















despois de cociñar fixémoslle un agasallo a Ses
un libro elaborado con debuxos feitos polos nen@s de Infantil 
e coas historias dos maiores da Casa Grande de Maside
Gustoulle mooito!!!


e dedicounos un par de cancións antes de marchar


Cantamos e emocionámonos  moito coas cancións de Sés

Aqui podedes ver uns vídeos desta artista galega





MOITAS GRAZAS SÉS 

POR ADICARNOS UN DÍA TAN ESPECIAL !!!


LETRAS GALEGAS 2017




Este ano o 17 de maio adícase a CARLOS CASARES



Nas aulas de Infantil traballamos co seu conto "A Galiña azul"


Aquí tendes un enlace para poder velo...




Celebramos este día dunha maneira moi especial
escoitamos varios contos do autor por parte dos alumnos de Primaria