13 de diciembre de 2017

O CICLO DA AUGA

Estes días estamos a estudiar o CICLO DA AUGA

Zaira trouxo un traballo elaborado coa súa familia


e os alumnos-as de 2º de Primaria viñéronnos ensinar os seus traballos sobre o tema 





Tamén vimos este video na clase...resultounos moi interesante!!




12 de diciembre de 2017

O PROXECTO DA AUGA

Estamos aprendendo moitas cousas sobre a auga


Fixemos experimentos coa profe Lola  para traballar sobre as propiedades e  as características da AUGA

Tamén lemos en clase os libros que trouxemos  das nosas casas 


e a profe Nuria contounos o conto da pinga H2O


Estamos aprendendo moito!!

DÍA DE ACCIÓN DE GRAZAS

Os nenos e nenas de 4 anos quixemos celebrar este día
dunha maneira moi especial!!

Decoramos a árbore de outono coas cousas polas que dabamos grazas:

a familia, amig@s, os contos, o amor, a paz, os paseos, as excursións...


E elaboramos unha torta de mazá

 

4 de diciembre de 2017

CUMPLES DE NOVEMBRO

O pasado 24 de novembro, día de acción de grazas

elaboramos unha tarta de mazá 

para celebrar os cumples de novembro

U., A. e A. celebrando que cumplen xa 4 anos!!


  Aquí tendes os pasos  da receita para a súa elaboración:

1. Exprememos o limón



2. Cortamos medio kilo de mazás en anacos pequenos

.




 3. Botamos as mazás no zume de limón e engadimos un chisco de canela, azucre moreno e esencia de vainilla e deixamos un par de horas a macerar.

4. Estiramos a METADE da masa de follado  e poñémola na bandexa do forno



5. Rellenamos coa mistura










6. Cortamos  en tiras a outra METADE da masa de  follado e cubrimos.





7. Decoramos coa marmelada.



8. A papalaaaa!!!!!







28 de noviembre de 2017

VISITAMOS O SOUTO

"Outono bonito,
folliñas no chan."



O contacto coa natureza estimula a educación sensorial 

e fai que os nosos pequenos e pequenas aprendan activamente 

a través de experiencias reais vivenciadas por eles mesmos.






Por isto, aproveitamos a nosa situación privilexiada, para visitar o souto que se atopa en fronte o colexio, onde saltamos, xogamos, recollemos follas, paus, castañas...

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos en forma de fotos.