8 de enero de 2018

DESPEDIMOS O 2017

Mirade cantas cousiñas fixemos para despedir o ano ...


Fomos ata a residencia de maiores Casa Grande a cantarlles unhas panxoliñas





e repartirlles unhas postais navideñas cos nosos mellores desexos






Cantamos tan ben que ata veu Papá Noel cunhas lambetadas para tod@s



Tamén cantamos no festival de nadal





aquí tendes a panxoliña que cantamos


e divertímonos cun contacontos













PHOTOCALL DE NADAL COS REIS MAGOS

Para despedir o colexio antes das vacacións de nadal disfrazámonos e fixemos un photocall moi divertido.

Aquí vos deixamos as fotos. Pasámolo moi ben!!!


















21 de diciembre de 2017

COCIÑAMOS UNHA ESTRELA DE NADAL

Os nenos e nenas de 4 anos celebramos os cumples de decembro
cociñando unha ESTRELA DE NADAL

U. e A. cumplen 4 anos
 

Aquí tendes a receita!!

1º. Estiramos a masa de follado sobre o papel de forno no molde

2º. Extendemos unha capa de chocolate







3º. Cubrimos con outra masa de follado.
4º. Marcamos o centro cun vaso e cortamos en porcións cun coitelo (sen cortar no centro)

5º. Enrollamos cada unha das porcións, facendo os picos da estrela



6º. Metémola durante 30 min aprox. no forno, deixámola entriar....e a saboreala cunha boa festa!!!



18 de diciembre de 2017

XOGAMOS COA XEADA E O XEO

XOGAMOS COA XEADA E O XEO.

 Nestes días está a facer moito frío, tanto que  onte pola noite, caeu unha gran XEADA  e hoxe cando chegamos o cole, todas as herbiñas estaban brancas e cruxientes.

 Estaban cubertas de XEADA. Descubrimos que a xeada é moi fría e que se convirte en auga o quentarse.










Outro día quixemos comprobar se facía tanto frío como para que a auga se convertise en xeo. Por iso deixamos uns recipientes no  exterior do colexio  con auga 


O día seguinte cando chegamos o colexio fumos a ver o que pasou ......


A auga estaba completamente conxelada , dura, e moi fría. A auga co frío convertiuse nun SÓLIDO.