Un blog para que tod@s os que o desexen coñezan o traballo que facemos en Educación Infantil no CPI Terras de Maside.
20 de febrero de 2018
19 de febrero de 2018
REMATE PROXECTO AUGA
Este mes levamos para casa todos os traballos que fixemos durante o proxecto da auga.
Durante este proxecto aprendemos unha morea de cousas, que quedaron plasmadas nun mural que elaboramos entre todas as clases que participamos no proxecto.
Tamén fixemos:
Un pau de auga
A botella da calma
Unha nube da choiva
O noso diploma cunha foto na festa da auga.
Na casa debedes pedirnos que vos ensinemos todo o que aprendemos!!
Moitas grazas pola vosa colaboración!
BICOS DE PAPEL
Este ano decidimos facer algo moi especial por unha boa causa
colaboramos coa asociación BICOS DE PAPEL
Primeiro decoramos nas aulas unha cara dourada alegre
con mensaxes de ánimos para os nen@s enfermos
e logo fixemos un lazo para enviarlle todo o noso apoio e cariño.
Picade neste enlace para ver as fotos
PINCHA AQUÍ
Agora cantemos tod@s xunt@s!!!
5 de febrero de 2018
COMO FUNCIONA UNHA DEPURADORA
Xuntámonos todos no salón de actos do cole para realizar unha actividade grupal. comenzamos co visionado do corto: "Auga prestada, devuelvela depurada".
Agora xa sabemos que a auga e un ben que temos que coidar porque se pode esgotar e por eso debemos depurar a auga. Agora contarémosvos os pasos que son precisos para realizar unha na casa.
En primer lugar nunha botella cortada, poñémoslle na boca un anaco de algodón.
Entre cada unha das capas de diferentes materiais que empregaremos, imos poñer unha gasa.
No segundo paso temos que engadir un pouco de carbón.
Despois poñémoslle area moi finiña, da praia.
Poñemos outra capa de grava.
E por último añadimos outra capa de pedriñas
Xa estamos listos para probar a DEPURADORA CASEIRA
Vertemos auga moi, moi oscura, que tiña areas, herbas, follas,...
E... a auga que saiú estaba bastante limpa
2 de febrero de 2018
DÍA DA PAZ
Suscribirse a:
Entradas (Atom)