17 de abril de 2018

APRENDEMOS OS NÚMEROS EN INGLÉS

Este vídeo de inglés que nos pon a profe Rebeca ...encántanos!!

Agora xa podedes cantar connosco!!!

COMEZAMOS A PREPARAR O HORTO

Agora que parece que a primavera vai chegando ás nosas vidas... 

aproveitamos para comezar a preparar o horto!


Onte traballamos preparando os semilleiros, para esta tarefa tivemos a axuda dos nenos de 6º.

Primeiro enchemos os tarros con substrato.







 



Despois, fixemos uns buratiños no substrato e metemos as sementes.



 



      
 


 

3 de abril de 2018

ANTÓN COMODÓN

Hoxe fomos  en autobús ata o auditorio de Ourense
a ver o teatro de guiñol
"Antón Comodón"

Mirade este vídeo...xa veredes como vos gusta!!

13 de marzo de 2018

XOGOS DE SOPLO

Todas as semanas ven o profe Pablo facer connosco 
unha sesión de audición e linguaxe 

Ás veces escoitamos contos

 outras disfrutamos dun guiñol

e tamén fixemos moitos xogos de soplo
que tamén podedes practicar na casa


Sopramos á pelota para pasarlla á nosa parella

Sopramos á pelota ata metela na portería

 




 Levamos á pelota na culler ata encestar dentro da rá





 para facelo mais dificil podedes  poñer obstáculos polo medio

Pasámolo xenial!!



12 de marzo de 2018

FACEMOS NEVE

A SEMANA PASADA, COA CHEGADA DA FRONTE FRÍA AS NOSAS TERRAS, XURDIU O TEMA DA NEVE.ALGÚNS NENOS E NENAS FORAN A NEVE E ENCANTÁRALLES, OUTROS NUNCA A VIRAN E TIÑAN MOITAS GANAS DE FACELO, POLO QUE TIVEMOS A IDEA DE FABRICAR NEVE.

PARA TAL EXPERIMENTO MEZCLAMOS BICARBONATO DE SODIO CON ESPUMA DE AFEITAR.



 

 

 

 






DEBEMOS FACER MOITA, PORQUE O DÍA SEGUINTE AMENCEU TODO DE COR BRANCA ;)