5 de febrero de 2019

Cumples Xaneiro

Ano novo, 365 días mais maiores!!!!! Para celebrar os cumples de Xaneiro elaboramos unha esquisita pizza de froita, estaba boísima:











 

 






1 de febrero de 2019

PREPARÁMONOS PARA O DÍA DA PAZ

Como a PAZ é tan importante
fixemos un montón de actividades nas aulas

Aquí podedes ver como traballamos...

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria
pintamos unhas flores para ir
"SEMENTANDO A PAZ"
por todo o cole



Puxemos mensaxes de PAZ nos globos
que inflamos coa profe Soraya
e levamos para a casa





e fixemos actividades da PAZ 
no ordenador co profe Manuel 












31 de enero de 2019

OS BOLECHAS VISITAN MASIDE!!

O pasado luns 21 de xaneiro

vistounos un científico
 para ensinarnos que eran os RAEE
(Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos)




Contou coa axuda dos seus amigos
"Os bolechas"


Os bolechas fixeron un concurso 
para ver quen sabía máis sobre os RAEE
e como debíamos tratar estes residuos


Veu Loli a contarnos que debíamos facer 
para ser uns bos "Electrecos"



 Aprendemos un RAP dos RAEE
e pasámolo xenial bailandoo
con moito "flow"!!!

 

Ademais deixáronnos uns agasallos moi chulos para a biblioteca
uns contos dos "ELECTRECOS"!!!

GRAZAS POLA VISITA!!

23 de enero de 2019

Un Dinosaurio en 4 anos

Na noite de Nadal, o Apalpador do Courel,  baixando o monte, topou un ovo, era un ovo de  bebé dinosaurio que precisaba moitos coidados, pero o Apalpador non podía axudarlle porque tiña que repartir os agasallos, entón pensou: " a casa da profe Yoli quedame de camiño, e, seguro que as nenas e nenos de Maside o van a coidar moi ben".
E, así foi, o dinosaurio estivo moi ben coidado polas nenas e nenos de 4 anos, dándolle auga tódolos días ata que onte, por fin, saiu do ovo porque xa era moi grande, e, hoxe xa o pintamos e coa aplicación Quiver (de realidade aumentada), xogamos ao fútbol con Ruiditos (que é o nome que lle puxemos). tamén escribimos o seu nome:



Esta experiencia foi moi divertida:










9 de enero de 2019

Festival de Nadal 2018

Como xa sabedes, rematamos o primeiro trimestre de xeito moi especial:
Foron dous días de festa moi emocionantes, o primeio desprazámonos ata o Carballiño para actuar xunto co resto de alumnado de primaria para agasallar ás familias coa nosa panxoliña do Apalpador.
Ao día seguinte pequenos e maiores disfrutamos en Maside do maravilloso Belén, da  visita dos Reis Magos e dos nosos maiores, e como non, da bica con chocolate. Non poidemos ter mellor xeito de despedir o primeiro trimestre nin o 2018: