9 de abril de 2019

XOGANDO COAS EMOCIÓNS



O MONSTRO DE CORES FÍXONOS UN AGASALLO:
XA TEMOS ONDE GARDAR OS MEDOS E OS ENFADOS PARA QUE NON VOLVAN A SAÍR, SOAMENTE SACAMOS BICOS E ABRAZOS CANDO OS PRECISAMOS:








VISITAS LECTORAS MARZO


NO MES DE MARZO VIÑERON OS PAPÁS DE ALEJANDRO DE 5 ANOS A CONTARNOS O CONTO "LA CASA DE TOMASA",
4


E AS MAMÁS DE MÍA E SABELA DE 3 ANOS A CONTARNOS "HAI UN TIGRE NO XARDÍN"









MOITAS GRACIAS FAMILIAS, GÚSTANOS MOITO COMPARTIR TEMPO NA ESCOLA CON VÓS, ADEMAIS SODES @S MELLORES CONTACONTOS PARA NOS

CUMPLES DE MARZO



Para celebrar os cumples de Marzo fixemos unha receita moi primaveral:
MOUSE FRUTAL DE MOWGLI:
2 PLÁTANOS
1 MANGO
2 CLARAS DE OVO
1 LIMÓN
PELAMOS E CORTAMOS AS FROITAS, TRITURAMOLAS CA CLARA DE OVO E O ZUMO DE LIMÓN E DEIXAMOS ENFRIAR NO REFRIXERADOR:








PARABÉNS MOZAS E MOZO

3 de abril de 2019

DÍA DA NON DISCRIMINACIÓN RACIAL



O día 21 de marzo, xoves, tivemos unha fantástica sorpresa para celebrar a NON DISCRIMINACIÓN RACIAL:
O profe Marcos que, ademais de dedicarse á docencia, coordina e forma parte dun coro musical chamado "GOSPELITTLES", invitou ao noso cole aos seus compañeiros  para deleitarnos coas súas  cancións gospel e presentarnos o conto "EL VIAJE DE JASIR":







Inma, compoñente do coro, fixo de contacontos onde nos ía explicando como xurdiu a música gospel a través da viaxe de JASIR :



Jasir, era un neno moi feliz que vivía en África coa súa familia ata que un día foi capturado, xunto con outras persoas, por uns homes malvados...


E trasladados na bodega dun barco ata outro continente, América, onde foron vendidos como escravos para traballar en grandes plantacións de algodón....


Entre relato e relato disfrutabamos en directo das diferentes cancións que axudaban aos escravos a soportar aquela situación:


Para aliviar o traballo e manter a esperanza de deixar algún día de ser escravos, polo día nos campos cantaban "CANTOS DE TRABALLO".


Inma ensinounos a planta do algodón que había naquelas grandes extensións, onde tan explotados estaban.....


Jasir estaba moi triste e non comprendía como podían cantar estando naquela situación....


Polas noites, á luz da lúa tamén cantaban cancións de fe e de esperanza chamadas" ESPIRITUALES NEGROS": 


Cancións que despois deron lugar ao que hoxe coñecemos como música GOSPEL, que fala sobre aspectos da fe, transmitindo esperanza e paz no medio do sufrimento.


Por fin, Jasir, na compaña do seu amigo Samuel, comprendeu que non estaba só e que todos xuntos formaban unha familia, na que a través da música mantiñan a alegría no seu corazón e a esperanza de que algún día aquelo cambiaría....


E pasados uns anos a escravitude rematou.


Para finalizar o conto,  Jasir danos unhas recomendacións para axudar a que o noso mundo sexa mellor:




E como colofón desta celebración,
todos xuntos cantamos unha canción,
onde todos disfrutamos un montón.




 MOITAS GRAZAS AO PROFE MARCOS E AO CORO GOSPEL VIDA, POR FACER QUE O DÍA DA NON DISCRIMINACIÓN SE CONVERTISE NUN DÍA CHEO DE EMOCIÓN.








22 de marzo de 2019

VISITAS LECTORAS DE XANEIRO E FEBREIRO

En Xaneiro disfrutamos de tres contos 
que nos contaron estas mamis



empezamos co conto de Super Iván



logo chegou un conto do coelliño



e por último o conto tradicional e sempre aplaudido
 de "Os tres porquiños"

E en febreiro outras catro mamis
viñeron a contarnos una par de contos mais...





Dúas mamis da aula de 3 anos
contáronnos o conto de Dona Carme


 

e por último escoitamos o conto de "O Principiño"





MOITISIMAS GRAZAS A TOD@S
POLA VOSA COLABORACIÓN!!