18 de marzo de 2020

RETO 1: CÁPSULAS DO TEMPO


OLA DE NOVO,
Como xa sabedes, o noso amigo Andy Warhol, cando era pequeno estivo moi enfermo e tivo que estar moito moito moito tempo na casa, por eso desenrolou moítisimo a súa creatividade e se fixo famoso.
Unha das cousas que lle gustaban moito eran as cápsulas do tempo, xa sabedes que iba gardando en caixas diferentes cousas que se iba atopando pola casa. Chegou a facer mais de 650.
Pois ben, dado que nos tamén nos toca estar na casa, que vos parece se facedes a vosa propia cápsula: metede nunha caixa algún obxecto significativo para vós, algunha manualidade ou debuxo que esteades a facer estes días, envolvedea con papel e decorádea, pero non poñades o nome, iso será sorpresa.
 E, cando volvamos a vernos no cole faremos un superxogo de búsqueda de apertura de cápsulas, que vos parece? animádesvos?

Deixamos uns enlaces para que vexades coas familias  para que todos coñezan ao noso amigo Andy








QUE É O CORONAVIRUS?

Estes días non podemos vernos no cole
 por causa do CORONAVIRUS
Sabedes o que é?









Queremos lembrarvos a todas as mamis e os papis 
que debedes descargar a aplicación TOKAPP SCHOOL

xa que dende ahí estamos enviando enlaces á nosa aula virtual

onde temos materiais para que podades traballar na casa.


MOITO ÁNIMO A TOD@S!!!!!

12 de marzo de 2020

CELEBRAMOS COS MAIORES O ENTERRO DA SARDIÑA

Os maiores da Casa Grande de Maside

durante as festas de ENTROIDO
prepararon unha sardiña para queimar
na celebración do ENTERRO DA SARDIÑA



Quixeron compartir connosco esta celebración
e viñeron  ata o cole preparados para despedir o entroido
ata o ano que ven
nun acto moi divertido!!!














9 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020

Tivemos unha semana de ENTROIDO
moi movida....

Visitáronnos os FELOS de Maside


e as PANTALLAS de Xinzo




 

O MECO DE ENTROIDO diunos moitas ordes
de como tiñamos que vir disfrazados:



o LUNS...trae algo na cabeza
o MARTES....engade algo no pescozo
o MÉRCORES... unha prenda extravagante
o XOVES...un calcetín de cada par




e o VENRES.....

a GRAN FESTA DO PULPO DE MASIDE!!!

Desfilamos tod@s polo pobo de Maside
O alumnado de Infantil de "PULPOS"





  







 1º de Primaria de PESCADORES



2º de Primaria de MONXES DE OSEIRA



3º e 4º de Primaria de SAL, PIMENTÓN, ACEITE....e TAPA DE ·PULPO·







5º de Primaria deseñou a súa propia CAMISETA DA FESTA DO PULPO



6º de Primaria de CALDEIRAS


 e os PROFES....de PULPEIR@S!!!


Tamen participaron os maiores da CASA GRANDE de Maside


e os pequen@s da CASA NIÑO de Dacón




Tamén puidemos disfrutar dunha riquísima chocolatada a cargo da ANPA!!!

MOITISIMAS GRAZAS A TOD@S!!!