30 de abril de 2013

COCIÑANDO EN ABRIL

A semana pasada estivemos celebrando os cumpleanos de J.C e de C, que cumpliron 5anos. Para elo fixemos uns bombóns que estaban moi ricos e dos que non quedou nin a proba...
Se vos tamén queredes facelos tomade nota.

INGREDIENTES
Chocolate para fundir
Mantequilla ou margarina
Cereais de arroz inflado
Cápsulas para bombóns ou magdalenas

ELABORACIÓN
Fundimos unha cullerada de manteiga e algo máis de media tableta de chocolate no microondas durante dous minutos e medio a máxima potencia.
Despois engadimos dous puñados de  cereais e remexemos todo para colocalo nas càpsulas de papel.
A neveira un par de horas e..."a lambetear".



No hay comentarios:

Publicar un comentario