21 de febrero de 2014

PREPARADOS, LISTOS, XA!!!! CHEGA Ó ENTROIDO!!!!

Ola a tod@s!
No cole de Maside xa nos estamos preparando para a chegada do Entroido que...¡Xa está aqui!.
Durante a semana  próxima teremos que cumplir os mandatos do Meco e cada día traer un accesorio para rematar a semana o máis guapiños posible.
Este ano a orde do Meco di así:
 Luns 24 Febreiro "Cuha gravata ou babeiro hoxe te deberás adornar"
Martes 25 Febreiro "Se non te queres mollar, a cabeza terás que tapar"
Mércores 26 Febreiro "Cun mandil te deberás adornar se non te queres manchar"
Xoves 27 Febreiro "Se non te queres fixar, un zapato de cada cor traerás"
O venres será o desfile no cole e todos viremos cos nosos disfraces sobre a "Historia".
Os mandatos serán acumulativos para que a medida que pasen os días vaiamos engadindo unha cousiña máis.
Iremos informando das nosas actividades de Entroido para que non vos perdades nadiña.
Saudiños!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario