Como
tiñamos moitas ganas de adornar a nosa cova decidímonos a preparar unha pócima
prehistórica… aquí tendes os ingredientes que precisades buscar:
Ø 480 ml. de
auga
Ø 60 gr. de
fariña de millo
Ø 45 gr. de
azucre
Ø 7 gr. de sal
Ø Colorante
alimentario
QUE
DEBEDES FACER AGORA?
1. Colocamos
todos os ingredientes (menos o colorante) nun cazo a lume lento e removemos
cunha culler de madeira.
*Tomádeo con calma porque tarda uns 5 min. en espesar
2. Enchemos uns
botes coa mezcla e engadimos un chisco de colorante (canela, café, pimentón,
curri…)
Esta
pócima ademais de ser sinxela de preparar…pódese probar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario