10 de febrero de 2015

MENUDA VIAXE!!!

Hoxe foi un día fantástico!!! A mañá cediño fomos de viaxe ata a granxa da nai de M.. 
Xa sabedes que  andamos na procura da galiña que deixou os ovos no cole e mirade o que alí había!!!!
Un montón de pitiños esperando por nós. Uns moi grandiños e outros máis pequerrechiños que precisaban de moitos aloumiños e sabedes o que fixemos????Darlle un montón!!!!

Primeiro visitamos uns pitiños xa grandiños
Cos pitiños máis pequenos pasámolo en grande!!!
 




A mamá de M. foi moi amable deixándonos visitar a  granxa e ensinandonos como tratar os pitiños
 Despois tivemos tempo para ir ó auditorio de Ourense, e ver a representación "Contos de Titiritrapo", eso sí, tivemos que facer un descanso para tomar a nosa merenda, que eso non pode faltar!!!


E por último...volta ó cole!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario