4 de marzo de 2018

TRABALLAMOS A ESTHER FERRER

No mes de febreiro traballamos a obra da artista Esther Ferrer, unha das representantes máis importantes da arte da performance en España.

Escollemos a obra "Se hace camino al andar", que a artista realizou arredor de todo o mundo, e na que se reflexiona sobre a idea de que na vida, non hai un camiño que seguir, o camiño faino un mesmo.

Para facer a performance en primeiro lugar reflexionamos sobre a idea exposta pola artista. Seguidamente, lemos o poema de Antonio Machado "Caminante no hay camino", para posteriormente, dirixirnos ao ximnasio a facer a nosa propia performance.

Aquí vos queda unha mostra do vivido:













No hay comentarios:

Publicar un comentario