29 de noviembre de 2018

25 de NOVEMBRO

 En colaboración co Equipo de Convivencia o día 26, luns, todo o cole  festexamos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
A semana anterior cada nivel na súa aula elaborou un bocadillo en relación co tema onde se manifestaron os pensamentos dos nenos-as. 
O noso así o fixemos :


Os nenos-as de tres anos plasmaron a silueta das súas mans:


Os de catro repasaron moi ben o seu contorno:




E os de cinco enchéronas de accións positivas que podemos facer para tratar de mellorar as nosas convivencias.


E este foi o noso resultado:




Despois pegámolo no corredor para que todos-as o puidesen observar e pouco a pouco ir acumulando máis.


E finalmente quedounos un mural de comics fantástico:



Como colofón para conmemorar o 25N todo o cole escoitamos e visualizamos a canción "LA PUERTA VIOLETA" de ROZALÉN no corredor do cole.

https://www.youtube.com/watch?v=ZibKi5BJs9w

No hay comentarios:

Publicar un comentario