12 de diciembre de 2018

VISITA DE PABLO NOGUEIRA

Co motivo da celebración do DÍA DA INFANCIA e OS DEREITOS DO NENO-A, que se celebrou o pasado 10 de decembro, tivemos unha sorpresa:

A visita de PABLO NOGUEIRA,   mestre de Audición e Linguaxe, que o curso pasado estivo no noso cole traballando e escritor dun fantástico libro titulado "NUBE BRANCA".


  

Pablo presentounos o seu libro e contounos a historia de Nube Branca a tódolos nenos-as, dende infantil ata cuarto de primaria.





 

 





Achegándose ao final do conto o profe Manuel non deixou que o rematase para presentarlle a Pablo unha sorpresa que lle tiñan os nenos-as:
PRESENTÁRONLLE FINAIS ALTERNATIVOS AO SEU CONTO:













 A Pablo gustáronlle moito os diversos finais, orixinais, creativos, imaxinativos e diferentes.
Fixérono xenial, MOITOS PARABÉNS POLO SEU TRABALLO.


 E despois tocoulle a  Pablo contarnos o seu final de Nube Branca.


 Pero ainda tiña máis sorpresas, os nenos-as regaláronlle un libro de debuxos feito entre todos-as sobre "NUBE BRANCA"


QUE FERMOSO!!!!


Finalmente Pablo, cheo de ledicia e emocións, para que non o esqueceramos, deixounos a súa pegada firmándonos autógrafos.


Foi unha experiencia fantásticamente maravillosa, MOITAS GRAZAS PABLO pola túa dedicación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario