8 de mayo de 2019

Día de Excursión

O pasado 2 de maio foi un día moi especial.
Arrancamos pola maña ata Outomuro para pasar toda a maña rodeados de cabalos, ata coñecemos un cabalo e un burro que son famosos, despois de comer tivemos un ratiño de xogo no parque, e, a continuación fomos a Pereira (A Merca) para dar de comer a un montón de minicabras. A merenda tocou en Ulfe (Cartelle) na vivenda de maiores O solpor, onde levamos unha casiña para dar de comer aos paxariños e tamén axudamos aos maiores a colgar uns carteis nas árbores que tiñan plantadas.
Foi un día esgotador pero moi moi divertido e didáctico




No hay comentarios:

Publicar un comentario