26 de noviembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Onte, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero dunha maneira especial, pois o Concello de Maside, para celebrar o día, agasallounos cunha magnífica actuación do grupo contacontos teatral "TRINKE-TRINKE"para todos os nenos e nenas de educación infantil e primaria.



O ratiño Fuco de Lonxedetodo contounos que estaba preparando unhas galletiñas e unha infusión para unha visita que ía recibir.



Mentres esperaba contounos como limpaba e cociñaba na súa casiña.


Por fín, chegou a visita esperada!
A gran Lilí Gruyère, a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo.




Pero como a infusión que lle preparara Fuco estaba moi quente, decidiu contarnos un conto para darlle tempo a que arrefriase. 



O conto foi: OLIVER BUTTON ES UNA NENA de Tomie de Paola.



Con Oliver descubrimos que todos e todas podemos ser o que nos propoñamos.


Nese intre a ratiña acababa de recibir un importante encargo profesional:
a dirección do musical " O ratiño presumido" que sería representado por Fuco e algúns axudantes namestres ela facía de narradora.


Todas e todos recitamos ao compás da vasoira do ratiño Fuco:


"La, lará, lariña, varro a miña casiña...,

                                                   
La, lará, laroto, varro, frego e froto..."


E colorín colorado este conto quedou rematado.


Moitas grazas ao Concello de Maside pola súa cortesía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario