Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓNS. Mostrar todas las entradas

25 de abril de 2017

SAÍDA A PISCIFACTORÍA E A PRAZA DE ABASTOS

A PISCIFACTORÍA

O venres 7 de Abril fomos a ver á piscifactoría 
que hai no Carballiño



Primeiro ensináronnos onde medran os peixes e o pequeniños que son cando nacen.

    
     

Despois puidemos tocar unha troita


Fixemos un conxuro para poder pescar moito

 E.....puxémonos a pescar con unha rede 





 @s mais valentes pescaron coas mans.... Fixémolo moi ben!!!!


Para rematar xogamos ....e subimos nunha barca.


A PRAZA DE ABASTOS

Logo visitamos a PRAZA DE  ABASTOS de O Carballiño
-


Vimos de preto moitos peixes diferentes

 
   

 E mariscos, moi grandes!

Tamén atopamos moitos productos cárnicos, como as costelas para facer o cocido.



¨

Xogamos no espazo que teñen reservado para que os maìs pequenos podamos esperar mentras as nosas nais e pais mercan na praza.



Por último puidemos degustar uns churros, que estaban boisimos,mmmm. Viñéronnos moi ben para repoñer forzas!!!







MOITAS GRAZAS  Á CHURRERIA "DUCIAS", SOBRE TODO A JOSE, QUE NOS ATENDEU CON TANTA AMABILIDADE E AGASALLOUNOS CON ESTA MERENDOLA TAN SABOROSA.

Non deixedes  de visitala cando vaides mercar a praza.






28 de octubre de 2015

IMOS Á OFICINA DE CORREOS DE MASIDE!!




O CARTEIRO CÉSAR
Este venres fomos de excursión á Oficina de Correos para falar co carteiro



A CARTEIRA ROSA



CÉSAR ensinounos os SOBRES de todos os tamaños para meter as CARTAS e as caixas para enviar PAQUETES


Logo pesamos unha carta e puxémoslle SELO e MATASELOS!!
 












Tamén nos emprestou o libro dos CÓDIGOS POSTAIS




 Este é o BUZÓN da oficina de correos de MASIDE onde podemos deixar as cartas, postais, paquetes...

que logo César clasifica














Fai o reparto no seu CARRITO por Maside.....ou en COCHE se é moi lonxe!!


MOITAS GRAZAS CÉSAR POLA TÚA PACIENCIA!!

10 de febrero de 2015

MENUDA VIAXE!!!

Hoxe foi un día fantástico!!! A mañá cediño fomos de viaxe ata a granxa da nai de M.. 
Xa sabedes que  andamos na procura da galiña que deixou os ovos no cole e mirade o que alí había!!!!
Un montón de pitiños esperando por nós. Uns moi grandiños e outros máis pequerrechiños que precisaban de moitos aloumiños e sabedes o que fixemos????Darlle un montón!!!!

Primeiro visitamos uns pitiños xa grandiños
Cos pitiños máis pequenos pasámolo en grande!!!
 




A mamá de M. foi moi amable deixándonos visitar a  granxa e ensinandonos como tratar os pitiños
 Despois tivemos tempo para ir ó auditorio de Ourense, e ver a representación "Contos de Titiritrapo", eso sí, tivemos que facer un descanso para tomar a nosa merenda, que eso non pode faltar!!!


E por último...volta ó cole!!!