Mostrando entradas con la etiqueta eventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eventos. Mostrar todas las entradas

19 de junio de 2014

REMATA O CURSO

Durante este mes de xuño tivemos un montón de actividades para despedirnos do cole ata o curso que ven. Os nenos e nenas de infantil visitamos o castro de San Cibrán de Lás, aprendimos no Puxo do Lago sobre como coidar o noso entorno e por suposto celebramos os aniversarios dos meses de xuño, xullo e agosto.
Que vos parece?






4 de marzo de 2014

DISFRACES MOI ORIXINAIS

O concurso de disfraces de Entroido foi todo un éxito, a cousa estivo moi complicada e o xurado non o tivo nada fácil.
Finalmente en Educación Infantil gañou a nosa compañeira de 3 anos, E.
Encantounos o seu disfraz!


 Todos estaban moi guapos...mirade unha pequena escolma e disfrutade!






¡Un día para lembrar!

 



AS AULAS DE ENTROIDO!

O venres 28 celebrouse no noso centro o Entroido. Tivemos xantar especial e todo...e cal vos parece que foi?? Pois un cocido de entroido claro!
Despois de xantar puxemos os nosos disfraces para non parar de bailar.
Agradecemos as familias que colaboraron no concurso coa confección dos seus traxes. E o resultado foi este que vedes.

Os peques de 3 anos todos guapos cos seus traxes "históricos"


Os de catro anos non quixeron ser menos cos seus disfraces!


E mirade que guapísimos os peques de 5 anos!



28 de febrero de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!

Esta semana tivemos que adiantar a celebración dos aniversarios do mes de febreiro xa que hoxe é o desfile de entroido.
Fixemos unha receita fantástica que a todos lles encantou!!!Tortitas (Pancakes). Fixemolas na aula e despois todo o cole quedou arrecendendo a doce. Jijiji


E., S e K cumpriron  4 anos e disfrutaron moito coa receita. Tamén sopraron as candeas dous compañeiros da clase dos maiores que xa cumpriron 6 anos. Parabens!!!



Por certo, se vos apetece facer a receita na vosa casa anotade:
Para catro persoas:
- 2 vasos de fariña
- 2 vasos de leite
- 1 cullerada de azucre
- 1 culleriña de levadura
- Media culleriña de sal
- 1 ovo
- 1 cullerada de mantequilla

Batímolo todo xunto coa batidora e deixamolo repousar uns dez minutos. Despois engrasamos unha tixola ou pranxa e botámola cunha culler grande, co calor quedan cunha forma redondiña. Esperade que aparezan burbullas e dádelle a volta.
Están riquiiiiisimas!!!!!!!!
Bo proveito!!!!!!!!!

25 de febrero de 2014

VISITA DOS FELOS DE MASIDE

Hoxe tivemos unha visita moi pero que moi especial.
Viñeron ó cole Saro e Ivanka a explicarnos o traxe de entroido tradicional do concello de Maside. Tivemos uns modelos fantásticos,os nosos compañeiros Álex e Brais que foron moi pacientes para ensinarnos o disfraz.
Se queredes ser uns auténticos Felos tedes que levar un gorro con espellos e fotos, tamén unha camisa branca, pantalóns con axouxeres, un faxín dunha cor que  vos guste, quentadores con moitas cores e de xeito opcional facédevos cun cabalo!!!
Se queredes ver os Felos de Maside o domingo de entroido sairán  do Pozo do Lago ás 10h farán un percorrido por Maside- San Fiz- A Touza- Louredo- Garabás para voltar a Maside e o Pozo do Lago.
Parece que este Entroido vai a ser xenial...e eso que aínda acaba de comezar!!!!
¡QUE VIVA O ENTROIDO E.... QUE VIVA MASIDE!





DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Onte día 24 de febreiro celebrouse o aniversario do nacemento da nosa Rosalía de Castro.
Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha serie de actividades para celebralo. Tamén podedes atopar actividades doutros cursos no blogue do Equipo de Normalización Lingüística do noso cole,mollate coa lingua
 A ver si vos gustan!!!


 



 



21 de febrero de 2014

PREPARADOS, LISTOS, XA!!!! CHEGA Ó ENTROIDO!!!!

Ola a tod@s!
No cole de Maside xa nos estamos preparando para a chegada do Entroido que...¡Xa está aqui!.
Durante a semana  próxima teremos que cumplir os mandatos do Meco e cada día traer un accesorio para rematar a semana o máis guapiños posible.
Este ano a orde do Meco di así:
 Luns 24 Febreiro "Cuha gravata ou babeiro hoxe te deberás adornar"
Martes 25 Febreiro "Se non te queres mollar, a cabeza terás que tapar"
Mércores 26 Febreiro "Cun mandil te deberás adornar se non te queres manchar"
Xoves 27 Febreiro "Se non te queres fixar, un zapato de cada cor traerás"
O venres será o desfile no cole e todos viremos cos nosos disfraces sobre a "Historia".
Os mandatos serán acumulativos para que a medida que pasen os días vaiamos engadindo unha cousiña máis.
Iremos informando das nosas actividades de Entroido para que non vos perdades nadiña.
Saudiños!!!!


19 de febrero de 2014

NAMÓRATE!!!

Ola a tod@s!!!
Xa vedes que neste cole nos gustan moito os aloumiños, asi que no día dos namorados levamos a cabo  actividades para valorar a toda esa xente que nos quere.
No corredor do cole fixemos un corazón moi grande para recordar que todos os días debemos querernos e non dar lugar a trifulcas e pelexas.
Que vos parece???




25 de octubre de 2013

Brittany visitou os nen@s de infantil

N



Neste curso tamén temos auxiliar de conversa en inglés para os nenos-as de infantil. Chámase Brittany e ven dende Chicago….OH !!!. Brittany díxonos que nos vai deixar un video (pica aqui) para que coñezades un pouco a cidade onde ela vive.