30 de abril de 2020

RETO 11; QUEREMOS AOS NOSOS MAIORES!!!

Nestes días os nosos maiores
están especialmente presentes na nosa vida.
Estamos moi preocupados por eles
E botámolos moitísimo de menos!!!

Botamos de menos as súas cancións,
as súas risas,
escoitar os seus contos e historias,
plantar con eles a horta
pasear polos montes e vilas...
Pero xa falta menos para vernos outra vez!!!

Aproveitando que onte 29 de abril  foi ó
DÍA DA INTERXENERACIONALIDADE
no cal sempre facemos algo especial cos maiores

Este ano queremos lembrarvos 
o importante que sodes para nós:

Porque nos ensinades con orgullo o valor da familia,
Porque fomentades valores como o cariño, a solidariedade e o respeto,
Porque nos transmitides ilusión pola vida,
Porque nos ensinades a disfrutar do día a día
Porque nos axudades sempre que a vida nos fai tropezar,
Porque nos aportades importantes coñecementos e experiencias para a vida,
Porque sempre tendes resposta para todo,
Porque sempre nos coidades dándonos todo o voso amor,
Porque sempre nos animades a conseguir os nosos soños.



PORQUE SÓLO TRABALLANDO XUNTOS, SUPERAREMOS TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS!!

POR ISO ESTE RETO 
VOLO QUEREMOS ADICAR A VOS!!!

Queremos que todos os nosos maiores saibades
Que non estades solos,
Que vos botamos de menos,
Que vos queremos moito,
Que temos moitas ganas de vervos,
Que pronto rematará todo isto
E volveremos a visitarvos !!!

Debedes facer un debuxo para os maiores,
una carta, unha tarxeta de ánimo,
un vídeo, etc…
onde lles amosedes o moito que os queredes
e que así se sintan fortes e apoiados.





E as profes farémoslle chegar
a vosa mensaxe!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario