Mostrando entradas con la etiqueta taller de cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta taller de cociña. Mostrar todas las entradas

6 de marzo de 2015

Feliz Aniversario!!!

Menuda festa tivemos esta semana!!!Celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron anos durante o mes de febreiro.
Para elo fixemos unha torta de aniversario riquísima de chocolate con galletas, mmmmmmmmmm, non deixaron nin a proba!!! Que lambereteiros!!!!!!!!






6 de febrero de 2015

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

O pasado mes de xaneiro celebramos os aniversarios correspondentes a ese mes. Fixemos un biscoito  riquisimo e os que cumplían anos encargáronse de soplar as velas.
Pasámolo xenial e estaba boísimo!!!Non quedou  nadiña!!!






9 de diciembre de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!

A semana pasado celebramos os aniversarios dos meses de novembro e decembro, xa que as vacacións logo veñen aproveitamos para facer unha celebración conxunta.
Desta vez, e para despedir (case) o Outono fixemos un biscoito con froitos secos, e demos boa conta del!!!
Despois os nenos de 5 anos apagaron as súas candeas e U. de catro anos fixo o propio. Como Q. de 3 anos non estivo o día que celebramos o seu cumple en outubro  lle deixamos que apagara as súas candeas, aqui non queda nadie sen festa!!! Mirade que guapiñ@s estaban!!!






28 de octubre de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!

Hoxe celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron anos durante o mes de outubro. Para elo fixemos unha tarta moi propia para a época na que estamos, e ante a chegada do Samaín, ocurriusenos decorala dun xeito terroríficooooooooooooo

Despois só tiveron que apagar as candeas os homenaxeados, que desta vez eran:
Z. e Q. da aula de 3 anos, e A., O., e Y. da aula de 5 anos.
Mirade con que forza apagan as súas candeas!!!Non quedou nin unha migalla do doce!!!
















19 de junio de 2014

REMATA O CURSO

Durante este mes de xuño tivemos un montón de actividades para despedirnos do cole ata o curso que ven. Os nenos e nenas de infantil visitamos o castro de San Cibrán de Lás, aprendimos no Puxo do Lago sobre como coidar o noso entorno e por suposto celebramos os aniversarios dos meses de xuño, xullo e agosto.
Que vos parece?






1 de abril de 2014

Aniversarios de Marzo

Celebramos os aniversarios do mes de MARZO

O Pasado Venres día 28 de Marzo celebramos os aniversarios dos nenos que cumpliron neste mes.

Para elo fixemos un obradoiro de cociña no que empregamos un robot de cociña. Preparamos crema de cacao. Puxemos os ingredentes: chocolate fondant, branco e con leite, azucre, leite, avelas e aceite. Prememos o botón, e a remexer!!



 


Unha vez rematado, todos o quixemos probar....

Estaba boísimo. Para chupar os dedos!!!





.

E cantámoslle o "cumpleanos feliz" a E. que era o único que cumplía 4 anos. Que maior!!

28 de febrero de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!

Esta semana tivemos que adiantar a celebración dos aniversarios do mes de febreiro xa que hoxe é o desfile de entroido.
Fixemos unha receita fantástica que a todos lles encantou!!!Tortitas (Pancakes). Fixemolas na aula e despois todo o cole quedou arrecendendo a doce. Jijiji


E., S e K cumpriron  4 anos e disfrutaron moito coa receita. Tamén sopraron as candeas dous compañeiros da clase dos maiores que xa cumpriron 6 anos. Parabens!!!



Por certo, se vos apetece facer a receita na vosa casa anotade:
Para catro persoas:
- 2 vasos de fariña
- 2 vasos de leite
- 1 cullerada de azucre
- 1 culleriña de levadura
- Media culleriña de sal
- 1 ovo
- 1 cullerada de mantequilla

Batímolo todo xunto coa batidora e deixamolo repousar uns dez minutos. Despois engrasamos unha tixola ou pranxa e botámola cunha culler grande, co calor quedan cunha forma redondiña. Esperade que aparezan burbullas e dádelle a volta.
Están riquiiiiisimas!!!!!!!!
Bo proveito!!!!!!!!!

13 de febrero de 2014

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE DECEMBRO E XANEIRO!!

Este mes tocounos celebrar os aniversarios dos nenos que cumpriron anos no pasado mes de decembro e en xaneiro.
 Para eso preparamos unhas deliciosas galletas de chocolate!!



Mirade que preparado está M. para cumpriu 5 e  A. os 6 anos!

Deixamosvos aquí a receita por se queredes preparalas en familia!!!
1. Xuntar 150 gr. de azucre moreno e 150 gr. de azucre normal, e remexar durante 5 min.
2. Botar 2 ovos e remexer outros 2 min. 
3. Engadir 340 gr. de fariña de repostería tamizada, unha pizca de sal, 1 culleriña de extracto de vainilla e mezclar ben.
4. Por último agregamos 150 gr de anaquiños de chocolate e mezclamos ata que se unan ben todos os ingredientes.
5. Facemos bolas coa masa e poñémolas nunha bandexa do forno forrada con papel de fornear.
6. Meter no forno uns 10 min. a 180ºC............e listas para comer!!!





L., A. e A.L. cumpriron os seus 4 aniños....mirade que ben sopramos as candeas!!



 

30 de abril de 2013

COCIÑANDO EN ABRIL

A semana pasada estivemos celebrando os cumpleanos de J.C e de C, que cumpliron 5anos. Para elo fixemos uns bombóns que estaban moi ricos e dos que non quedou nin a proba...
Se vos tamén queredes facelos tomade nota.

INGREDIENTES
Chocolate para fundir
Mantequilla ou margarina
Cereais de arroz inflado
Cápsulas para bombóns ou magdalenas

ELABORACIÓN
Fundimos unha cullerada de manteiga e algo máis de media tableta de chocolate no microondas durante dous minutos e medio a máxima potencia.
Despois engadimos dous puñados de  cereais e remexemos todo para colocalo nas càpsulas de papel.
A neveira un par de horas e..."a lambetear".