5 de noviembre de 2013

Outro obradoiro de cociña



Esta vez elaboramos unha receita moi sinxela. Fixemos volovans recheos de nata e con froitos : mazá, mandarina, platano e kiwi..... Saborosísimo.

25 de octubre de 2013

Brittany visitou os nen@s de infantil

N



Neste curso tamén temos auxiliar de conversa en inglés para os nenos-as de infantil. Chámase Brittany e ven dende Chicago….OH !!!. Brittany díxonos que nos vai deixar un video (pica aqui) para que coñezades un pouco a cidade onde ela vive.

14 de octubre de 2013

Cumpleanos

Celebramos os cumpleanos

Despois de facer a tarta, puxemoslle a candelas para que os nenos as sopraran.

M, H e L, cumpliron 5 anos...!Que maiores!
R, cumpliu 4 anos, estaba moi guapo coa súa coroa


Obradoiro de cociña

Obradoiro de cociña

O pasado día 4 de Outubro fixemos un obradoiro de cociña con todos os nenos de infantil. Elaboramos unha tarta con galletas e chocolate na que  participaron e todos colaboraron. Tamén na decoración.

27 de septiembre de 2013

O EQUIPO DE CICLO

Como o curso xa vai comezando a rodar, aproveitamos para presentarvos ó equipo de ciclo de Educación Infantil.
Titora 3 anos.- Lola Rodríguez Márquez
Titora 4 anos.- Laura Pérez Seara
Titora 5 anos.- Begoña Conde Rodríguez
Mestra de Apoio.- Nuria González Cibeira
Coordinadora do Equipo de Ciclo.- Raquel Pérez Fernández (Especialista en lingua estranxeira)

Aqui vos deixamos unha foto das titoras de Educación Infantil coa súa profe de apoio
(De esquerda a dereita: Lola, Laura, Begoña e Nuria)

COMEZOU O CURSO

Ola a tod@s nosos seguidor@s!!! Xa levamos uns días no cole, este ano en Educación Infantil somos moitos peques co que estamos moi contentos por que así somos máis para xogar!!! Imos a ensinarvos os nosos grupos para que nos vaiades coñecendo por que nos ides ver moito por aqui. Saudiños e ata pronto!

Dende arriba ata abaixo, a profe Lola cos alumnos e alumnas de 3 anos, Laura cos nenos e nenas da aula de 4 anos e Begoña cos maiores do ciclo, de 5 anos.

3 de septiembre de 2013

VOLTA Ó COLE

Ola a tod@s!!!
Aqui estamos outra vez con forzas renovadas e preparando todo para a volta ó cole dos máis peques.
Xa estamos preparando as aulas e os materiais que empregaremos este curso e co que seguro disfrutaremos un montón este ano...que nervios!!!
O inicio do curso escolar para os peques de Educación Infantil será o día 11 de setembro.
Os pais e nais dos alumn@s de tres anos terán  unha reunión coa súa titora o día 9 de setembro para irse coñecendo mellor. Os de 4 e 5 anos xa nos vemos o día 11 nas nosas aulas pois...xa somos vellos coñecidos!!!E os que veñan por primeira vez o noso cole...tranquilos...estamos encantados de recibirvos!!!
Este ano temos un novo "plan" para o noso blogue asi que... esperamos actualizalo moi a miúdo... non podedes perdervos as nosas novas!!!
Biquiños a tod@s e recordade que se achega...