3 de septiembre de 2013

VOLTA Ó COLE

Ola a tod@s!!!
Aqui estamos outra vez con forzas renovadas e preparando todo para a volta ó cole dos máis peques.
Xa estamos preparando as aulas e os materiais que empregaremos este curso e co que seguro disfrutaremos un montón este ano...que nervios!!!
O inicio do curso escolar para os peques de Educación Infantil será o día 11 de setembro.
Os pais e nais dos alumn@s de tres anos terán  unha reunión coa súa titora o día 9 de setembro para irse coñecendo mellor. Os de 4 e 5 anos xa nos vemos o día 11 nas nosas aulas pois...xa somos vellos coñecidos!!!E os que veñan por primeira vez o noso cole...tranquilos...estamos encantados de recibirvos!!!
Este ano temos un novo "plan" para o noso blogue asi que... esperamos actualizalo moi a miúdo... non podedes perdervos as nosas novas!!!
Biquiños a tod@s e recordade que se achega...



No hay comentarios:

Publicar un comentario