Viñeron ó cole Saro e Ivanka a explicarnos o traxe de entroido tradicional do concello de Maside. Tivemos uns modelos fantásticos,os nosos compañeiros Álex e Brais que foron moi pacientes para ensinarnos o disfraz.
Se queredes ser uns auténticos Felos tedes que levar un gorro con espellos e fotos, tamén unha camisa branca, pantalóns con axouxeres, un faxín dunha cor que vos guste, quentadores con moitas cores e de xeito opcional facédevos cun cabalo!!!
Se queredes ver os Felos de Maside o domingo de entroido sairán do Pozo do Lago ás 10h farán un percorrido por Maside- San Fiz- A Touza- Louredo- Garabás para voltar a Maside e o Pozo do Lago.
Parece que este Entroido vai a ser xenial...e eso que aínda acaba de comezar!!!!
¡QUE VIVA O ENTROIDO E.... QUE VIVA MASIDE!