10 de febrero de 2015

MENUDA VIAXE!!!

Hoxe foi un día fantástico!!! A mañá cediño fomos de viaxe ata a granxa da nai de M.. 
Xa sabedes que  andamos na procura da galiña que deixou os ovos no cole e mirade o que alí había!!!!
Un montón de pitiños esperando por nós. Uns moi grandiños e outros máis pequerrechiños que precisaban de moitos aloumiños e sabedes o que fixemos????Darlle un montón!!!!

Primeiro visitamos uns pitiños xa grandiños
Cos pitiños máis pequenos pasámolo en grande!!!
 




A mamá de M. foi moi amable deixándonos visitar a  granxa e ensinandonos como tratar os pitiños
 Despois tivemos tempo para ir ó auditorio de Ourense, e ver a representación "Contos de Titiritrapo", eso sí, tivemos que facer un descanso para tomar a nosa merenda, que eso non pode faltar!!!


E por último...volta ó cole!!!



9 de febrero de 2015

TEMOS UNHA GALIÑA POÑEDORA NO COLE!!!

Mirade que atopamos na clase o outro dia!! 
Un niño cun ovo aberto...debe andar unha galiña poñedora polo cole de Maside!!!


 Esta galiña deixounos moitos ovos galados nas clases de Infantil
 Menos mal que a profe Ana Rosa de 4º Primaria nos emprestou unha incubadora para coidar os ovos...a ver se nacen os pitiños!!!



PAPIS  E MAMIS precisamos da vosa axuda para saber como coidar os pitiños cando nazcan, que precisan, que darlles de comer... Se tendes información enviádenola ao cole. Moitas grazas!!!

6 de febrero de 2015

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

O pasado mes de xaneiro celebramos os aniversarios correspondentes a ese mes. Fixemos un biscoito  riquisimo e os que cumplían anos encargáronse de soplar as velas.
Pasámolo xenial e estaba boísimo!!!Non quedou  nadiña!!!






19 de enero de 2015

CÓNTAME UN CONTO

Fai uns días tivemos a sorte de ir á biblioteca de infantil e...sorpresa!!!Ali nos estaban esperando para unha sesión de contacontos moi divertida.
Rimos moito por que nos encanta que nos veñan a contar historias novas e divertidas. Aproveitamos para dicirvos que os nosos pequenos encántalle que lle contedes contos na casa, asi que...xa sabedes!!!Sempre é bo momento para ler e imaxinar novas aventuras.


12 de enero de 2015

FESTIVAL DE NADAL

Para pechar o primeiro trimestre, os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha actuación no Festival de Nadal, que este ano se celebrou grazas a boa vontade dos membros do  IES nº1 do Carballiño que nos prestaron as súas instalacións.
Interpretamos a panxoliña "O Tempo do Nadal" que a todos lles gustou moito.


Premede neste video e veredes que actuación!!!


8 de enero de 2015

Día do troco

DÍA  DO  TROCO

No colexio antes das vacacións do Nadal fixemos un troco de xoguetes.

 Tod@s participamos e trocamos os nos@s xoguetes e despois fumos o patio cos novos xoguetes. 

 

 

 

 

Pasámolo moi ben.





9 de diciembre de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!

A semana pasado celebramos os aniversarios dos meses de novembro e decembro, xa que as vacacións logo veñen aproveitamos para facer unha celebración conxunta.
Desta vez, e para despedir (case) o Outono fixemos un biscoito con froitos secos, e demos boa conta del!!!
Despois os nenos de 5 anos apagaron as súas candeas e U. de catro anos fixo o propio. Como Q. de 3 anos non estivo o día que celebramos o seu cumple en outubro  lle deixamos que apagara as súas candeas, aqui non queda nadie sen festa!!! Mirade que guapiñ@s estaban!!!