Estamos aprendendo moitísimo e agradecemos a todos a vosa colaboración, non perdades detalle!!!
Un blog para que tod@s os que o desexen coñezan o traballo que facemos en Educación Infantil no CPI Terras de Maside.
6 de marzo de 2015
OHHHHHHHHHHHHHHHHHHH!!!!
Ola a tod@s. As familias están participando moito na recollida de materiais sobre os pitiños, esta semana recibimos uns cantos videos que os nenos e nenas lle encantaron...
Estamos aprendendo moitísimo e agradecemos a todos a vosa colaboración, non perdades detalle!!!
Estamos aprendendo moitísimo e agradecemos a todos a vosa colaboración, non perdades detalle!!!
Feliz Aniversario!!!
Menuda festa tivemos esta semana!!!Celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron anos durante o mes de febreiro.
Para elo fixemos unha torta de aniversario riquísima de chocolate con galletas, mmmmmmmmmm, non deixaron nin a proba!!! Que lambereteiros!!!!!!!!
Para elo fixemos unha torta de aniversario riquísima de chocolate con galletas, mmmmmmmmmm, non deixaron nin a proba!!! Que lambereteiros!!!!!!!!
25 de febrero de 2015
I CONCURSO "FELOS DE MASIDE"
Neste 2015 "O MECO DO ENTROIDO" propúxonos mandatos acumulativos toda a semana de entroido para acabar o xoves de comadres co disfraz más tradicional da comarca...."Felos de Maside"!!!
Para axudarnos a cumplir os mandatos viñeron os felos Ivanka, Sergio e Saro a visitarnos ao cole e explicarnos como debían ser os complementos deste disfraz masidao...
MOITAS GRAZAS!!!!
Mirade que FELOS tan guap@s temos no CPI TERRAS DE MASIDE!!!
AULA 5 anos
AULA 4 anos
AULA 3 anos
Aquí tendes aos gañadores do concurso, elexidos por un xurado de Felos de Maside.
PREMIO CATEGORÍA FEMININA A. de Ed. Infantil 5 anos |
PREMIO CATEGORÍA FEMININA L. de 1º Ed. Primaria |
PREMIO CATEGORÍA MASCULINA A. de 3º ed. Primaria |
PREMIO CATEGORIA MASCULINA I. de 2º Ed. Primaria |
PREMIO ESPECIAL Profe A. de 4º Ed. Primaria |
Grazas a tod@s pola vosa colaboración e participación!!!!
13 de febrero de 2015
UN PITIÑO NO COLE!!!
ESTES DÍAS NAS CASAS DOS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL CHEGOU ESTA CARTA...
HOLA AMIGUIÑOS!!
SEGURO QUE ESTADES PENSANDO QUE FAI ESTO
AQUÍ. VERDADE?.
POIS SÍ É UNHA CASCA DUN OVO, ENCIMA DUN POUCO DE
PALLA.
E…DE DONDE POIDO VIR ESTE OVO? E A PALLA?
PENSADE UN POUCO…..DENDE LOGO A PALLA VEU DA
GRANXA ONDE EU VIVÍA, E EU SON O POLIÑO
QUE NACEU DESTA CASCA.
QUE VOS PARECE SE ME AXUDADES E INVESTIGADES SOBRE MIN, COMO ME ALIMENTO?, COMO É O MEU CORPO?, PODO
MEDRAR?,CON QUEN VIVO?....
E QUE COUSAS SABEDES VOS?.
NON VOS DIXEN QUE EU SON O POLIÑO PEPE, SI CHAMOME
COMO O POLO DO CONTO.
PRONTO TEREDES NOTICIAS MIÑAS. DISFRUTADE E
INVESTIGADE.
10 de febrero de 2015
MENUDA VIAXE!!!
Hoxe foi un día fantástico!!! A mañá cediño fomos de viaxe ata a granxa da nai de M..
Xa sabedes que andamos na procura da galiña que deixou os ovos no cole e mirade o que alí había!!!!
Un montón de pitiños esperando por nós. Uns moi grandiños e outros máis pequerrechiños que precisaban de moitos aloumiños e sabedes o que fixemos????Darlle un montón!!!!
Primeiro visitamos uns pitiños xa grandiños
Cos pitiños máis pequenos pasámolo en grande!!!
A mamá de M. foi moi amable deixándonos visitar a granxa e ensinandonos como tratar os pitiños
Despois tivemos tempo para ir ó auditorio de Ourense, e ver a representación "Contos de Titiritrapo", eso sí, tivemos que facer un descanso para tomar a nosa merenda, que eso non pode faltar!!!
E por último...volta ó cole!!!
9 de febrero de 2015
TEMOS UNHA GALIÑA POÑEDORA NO COLE!!!
Mirade que atopamos na clase o outro dia!!
Un niño cun ovo aberto...debe andar unha galiña poñedora polo cole de Maside!!!
Esta galiña deixounos moitos ovos galados nas clases de Infantil
Menos mal que a profe Ana Rosa de 4º Primaria nos emprestou unha incubadora para coidar os ovos...a ver se nacen os pitiños!!!
PAPIS E MAMIS precisamos da vosa axuda para saber como coidar os pitiños cando nazcan, que precisan, que darlles de comer... Se tendes información enviádenola ao cole. Moitas grazas!!!
6 de febrero de 2015
ANIVERSARIOS DE XANEIRO
O pasado mes de xaneiro celebramos os aniversarios correspondentes a ese mes. Fixemos un biscoito riquisimo e os que cumplían anos encargáronse de soplar as velas.
Pasámolo xenial e estaba boísimo!!!Non quedou nadiña!!!
Pasámolo xenial e estaba boísimo!!!Non quedou nadiña!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)