12 de diciembre de 2018

VISITA DE PABLO NOGUEIRA

Co motivo da celebración do DÍA DA INFANCIA e OS DEREITOS DO NENO-A, que se celebrou o pasado 10 de decembro, tivemos unha sorpresa:

A visita de PABLO NOGUEIRA,   mestre de Audición e Linguaxe, que o curso pasado estivo no noso cole traballando e escritor dun fantástico libro titulado "NUBE BRANCA".


  

Pablo presentounos o seu libro e contounos a historia de Nube Branca a tódolos nenos-as, dende infantil ata cuarto de primaria.





 

 





Achegándose ao final do conto o profe Manuel non deixou que o rematase para presentarlle a Pablo unha sorpresa que lle tiñan os nenos-as:
PRESENTÁRONLLE FINAIS ALTERNATIVOS AO SEU CONTO:













 A Pablo gustáronlle moito os diversos finais, orixinais, creativos, imaxinativos e diferentes.
Fixérono xenial, MOITOS PARABÉNS POLO SEU TRABALLO.


 E despois tocoulle a  Pablo contarnos o seu final de Nube Branca.


 Pero ainda tiña máis sorpresas, os nenos-as regaláronlle un libro de debuxos feito entre todos-as sobre "NUBE BRANCA"


QUE FERMOSO!!!!


Finalmente Pablo, cheo de ledicia e emocións, para que non o esqueceramos, deixounos a súa pegada firmándonos autógrafos.


Foi unha experiencia fantásticamente maravillosa, MOITAS GRAZAS PABLO pola túa dedicación.


11 de diciembre de 2018

VISITAS LECTORAS

O pasado 28 de Novembro comezamos coas visitas lectoras do curso 2018/19, unha actividade moi gratificante tanto para o alumnado como para as familias:

Comezou a familia de Aroa contándonos un conto fantásticamente ambientado, ata nos agasallaron con un fermoso marcapáxinas:










A continuación o papá de Xiao contounos o conto "Monstruo rosa". Encantounos!!!


                         

E os papás de Ales contáronnos moitas cousas sobre os Dinosaurios


 





Estas sesións son moi emocionantes e gratificantes para todos:




Moitas grazas familias




4 de diciembre de 2018

"Ponte nos meus zapatos"



Con motivo da celebración do día contra a violencia de xénero (25 de Novembro), o profe Manuel fixo unha actividade fabulosa:

Convidounos a pornos na pel dos demáis, en 5 anos intercambiamos os zapatos, e en 4 anos as chaquetas. Poidemos comprobar de primeira man que o que a outro lle senta ben, a un pódelle apretar, quedar grande ou incluso afogar.

Para facer a actividade, escoitamos esta canción:



Moitas grazas profe, experimentar sensacións é a mellor maneira de aprender!






 

 

3 de diciembre de 2018

SAÍDA AO CORAZÓN DE GALICIA


O pasado 27 de Novembro foi un día moi especial, é moi díficil explicar con palabras todo o que vivimos e sentimos, disfrutamos moito na Casa das Árbores con Anxo Moure e os seus amigos: o Apalpador, a Xacia Luviñas, o cabalo Caramulo, as árbores, os xogos ao aire libre, o cinema Palleiriso, a ciclobiblioteca.
En Airas Moniz ademáis de saborear o queixo e de aprender e ver como o elaboran, tamén vimos as vacas Jersey que son as protagonistas dun queixo cru, delicioso e diferente.



Queremos transmitirvos un pouquiño dese día fabuloso a través deste vídeo:
Esperamos que vos guste