27 de mayo de 2019

O CORPO HUMANO

Neste último trimestre seguimos a traballar
O PROXECTO DO CEREBRO E O CORPO 


Mirade este vídeo... é moi interesante!!!


8 de mayo de 2019

Semana do libro

Con motivo da celebración do día do libro, tivemos varias visitas lectoras:

A mami de A. e D. contounos un conto sobre a AMIZADE
coa axuda dos seus dous colaboradores





Foi moi divertido aprender cousas de papiroflexia





Ademais colaboramos  cos nenos e nenas de 2º Primaria
enchendo a Súa "Árbore dos libros"

completando unha folla co título dun libro que nos gustaba







Día de Excursión

O pasado 2 de maio foi un día moi especial.
Arrancamos pola maña ata Outomuro para pasar toda a maña rodeados de cabalos, ata coñecemos un cabalo e un burro que son famosos, despois de comer tivemos un ratiño de xogo no parque, e, a continuación fomos a Pereira (A Merca) para dar de comer a un montón de minicabras. A merenda tocou en Ulfe (Cartelle) na vivenda de maiores O solpor, onde levamos unha casiña para dar de comer aos paxariños e tamén axudamos aos maiores a colgar uns carteis nas árbores que tiñan plantadas.
Foi un día esgotador pero moi moi divertido e didáctico




10 de abril de 2019

VERMES DA SEDA


FAI UNS DÍAS CHEGARON Á AULA DE 3 ANOS UNHAS MASCOTAS MOI ESPECIAIS, TÓDOLOS DÍAS LLES DAMOS DE COMER FOLLAS DE MOREIRA.

AÍNDA NON SABEDES DE QUÉN FALAMOS?





















9 de abril de 2019

PRIMAVERA



COA CHEGADA DA PRIMAVERA TOCA RENOVAR AS NOSAS OBRAS DE ARTE INVERNAIS, XA ESTAMOS PENSANDO NA DECORACIÓN PRIMAVERAL:









DISFRUTAMOS COA LINGUAXE!!

Este curso os nenos/as de infantil coñecemos a dúas novas profes das palabras,
especialistas en Audición e Linguaxe
a profe Raquel e a profe Soraya, 


Unha vez a semana ven ás nosas aulas 
a contarnos contos 
e facer xogos coas palabras
 para axudarnos a falar mellor

Aquí vos deixamos algunhas pegadas do ben que o pasamos

Facemos pompas





Xogamos coa candea a apagala




 inflamos globos
ou sopramos 



Facemos gárgaras






@s mais peques xa saben soprar!!!!!!









Pasámolo xenial!!!

Aquí tendes un conto moi chulo que podedes contar en familia!!!