9 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020

Tivemos unha semana de ENTROIDO
moi movida....

Visitáronnos os FELOS de Maside


e as PANTALLAS de Xinzo




 

O MECO DE ENTROIDO diunos moitas ordes
de como tiñamos que vir disfrazados:



o LUNS...trae algo na cabeza
o MARTES....engade algo no pescozo
o MÉRCORES... unha prenda extravagante
o XOVES...un calcetín de cada par




e o VENRES.....

a GRAN FESTA DO PULPO DE MASIDE!!!

Desfilamos tod@s polo pobo de Maside
O alumnado de Infantil de "PULPOS"





  







 1º de Primaria de PESCADORES



2º de Primaria de MONXES DE OSEIRA



3º e 4º de Primaria de SAL, PIMENTÓN, ACEITE....e TAPA DE ·PULPO·







5º de Primaria deseñou a súa propia CAMISETA DA FESTA DO PULPO



6º de Primaria de CALDEIRAS


 e os PROFES....de PULPEIR@S!!!


Tamen participaron os maiores da CASA GRANDE de Maside


e os pequen@s da CASA NIÑO de Dacón




Tamén puidemos disfrutar dunha riquísima chocolatada a cargo da ANPA!!!

MOITISIMAS GRAZAS A TOD@S!!!

Cumples febreiro

GALLETAS RECHEAS

INGREDIENTES:
250 gramos de manteiga
100 gramos de azucre
1 ovo
250 gramos de fariña
1 culleriña de levadura
Azucre “glass”
Marmelada de fresa ou cacao para o recheo



ELABORACIÓN:
1.            Mesturamos a manteiga, o ovo e o azucre
2.            Engadimos a fariña
3.            Mesturamos ben e facemos una bola
4.            Deixamola a enfríar na neveira 1 hora
5.            Amasamos ben e estiramos a masa co rodillo
6.            Escollemos a forma que queremos e facemos 2 galletas,  a unha delas facémoslle un buraco no medio, recheamos co que queiramos e pomos a do buraco por enriba da outra
7.            Metemos no forno a 180 grados durante 10 ou 12 minutos
8.            Sacamos do forno e deixamos enfríar
9.            Decoramos con azucre glass
10.          Bo proveito



 


 

 

 



 


Mencía tamén estivo cociñando coa súa familia 
e trouxo un biscoito delicioso para compartir connosco
no día do seu aniversario