15 de mayo de 2020

RETO 15: HOXE TEMOS O RETO DAS LETRAS GALEGAS!!!

Como xa sabedes o 17 de maio
é unha data importante en Galicia
porque hoxe é ...
o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Este ano está adicado a

RICARDO CARBALLO CALERO


Se queredes coñecelo un pouco mais
con xogos, vídeos... ACTIVIDADES INFANTIL

Clicade no enlace para xogar en familia:

´
ADEMAIS HOXE TEMOS UN RETO EN GALEGO!!!!

Debedes elexir un libro en galego que vos guste
e sacarvos unha foto co conto...
pero cunha condición...
debedes ir vestid@ como na portada do conto, 
como o/a protagonista do conto,
ou algunha outra personaxe!!

Tamén sería moi divertido facelo en familia
con varias personaxes  do conto,
non vos parece?

As profes de infantil xa fixemos as nosas:



 

Picade neste enlace para ver as vosas suxerencias en galego...


Os BOLECHAS, que teñen tantos contos en GALEGO, 
vanvos dar uns consellos moi importantes...

Aquí vos deixamos tamén un par de cancións 
das BANDAS INFANTILES GALEGAS máis molonas
para cantar e bailar coma tol@s neste día tan especial!!!



11 de mayo de 2020

RETO 14: TUNEAMOS A NOSA ROUPA

O RETO  desta semana será tunear a vosa roupa

Que vos parece??


Aquí tendes un par de vídeos con ideas....






Esperamos as vosas fotos e vídeos  tuneando a vosa roupa

en: infantilmaside@gmail.com 

Xa temos algunhas, e son impresionantes, mirade:












7 de mayo de 2020

RETO 13: PROXECTO " O PULPO"

Xa sabedes que agora estabamos comezando a traballar
no noso novo proxecto de traballo "O POLBO"

Aquí tendes un par de vídeos moi interesantes...




o noso RETO de hoxe consistirá en facer
un polbo do máis orixinal !!!

Podedes facelo en papel, cartón, , con "lana", 

ou en papiroflexia para os máis atrevid@s...


Esperamos os vosos "POLBOS" no noso correo!!! 




 




 

 


 

4 de mayo de 2020

RETO 12 : UN TESTO DIVERTIDO

Xa que non poidemos plantar na nosa  horta

que vos parece se plantamos na casa???

Primeiro tendes que preparar
un testo divertido e orixinal
 para poñer
a planta que queirades






 





Aquí tendes algunhas ideas mais...


Agora tendes que pensar
que é o que queredes plantar:
flores, amorodos, tomates, pementos...
e sementala no teu testo...






Así cando remate a cuarentena 

xa poderemos plantar fóra da casa: na horta, xardín...


Experimentade moito xerminando!!!



30 de abril de 2020

RETO 11; QUEREMOS AOS NOSOS MAIORES!!!

Nestes días os nosos maiores
están especialmente presentes na nosa vida.
Estamos moi preocupados por eles
E botámolos moitísimo de menos!!!

Botamos de menos as súas cancións,
as súas risas,
escoitar os seus contos e historias,
plantar con eles a horta
pasear polos montes e vilas...
Pero xa falta menos para vernos outra vez!!!

Aproveitando que onte 29 de abril  foi ó
DÍA DA INTERXENERACIONALIDADE
no cal sempre facemos algo especial cos maiores

Este ano queremos lembrarvos 
o importante que sodes para nós:

Porque nos ensinades con orgullo o valor da familia,
Porque fomentades valores como o cariño, a solidariedade e o respeto,
Porque nos transmitides ilusión pola vida,
Porque nos ensinades a disfrutar do día a día
Porque nos axudades sempre que a vida nos fai tropezar,
Porque nos aportades importantes coñecementos e experiencias para a vida,
Porque sempre tendes resposta para todo,
Porque sempre nos coidades dándonos todo o voso amor,
Porque sempre nos animades a conseguir os nosos soños.



PORQUE SÓLO TRABALLANDO XUNTOS, SUPERAREMOS TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS!!

POR ISO ESTE RETO 
VOLO QUEREMOS ADICAR A VOS!!!

Queremos que todos os nosos maiores saibades
Que non estades solos,
Que vos botamos de menos,
Que vos queremos moito,
Que temos moitas ganas de vervos,
Que pronto rematará todo isto
E volveremos a visitarvos !!!

Debedes facer un debuxo para os maiores,
una carta, unha tarxeta de ánimo,
un vídeo, etc…
onde lles amosedes o moito que os queredes
e que así se sintan fortes e apoiados.





E as profes farémoslle chegar
a vosa mensaxe!!!