5 de diciembre de 2012

O SAMAÍN

O pasado día 31 de outubro, pasamos no colexio ¡¡un dia de MEDO!!...xa pola mañaná chegaron a escola algunhas bruxas ,bruxiñas, esqueletos,vampiros…eran nenos e nenas disfrazados así, dispostos a dar eso…¡¡MEDO!!, de certo que o conseguiron…tamén cantamos cancións de pantasmas e fumos ver ¡ unha xenial e orixinal exposición de cabazas que fixemos na casa axudados polas nosas familias! …Por certo un dos premios foi para un neno, M. da clase de 4 anos. Pola tarde os “maiores” da e.s.o.. viñeron as nosas aulas para contarnos un conto de ¡moito sangue e terror! …traían candeas prendidas. ¡ Pasámolo de TERROR! Para rematar este dia ,na escola, fixemos un taller de caroutas terroríficas que levamos para as nosas casas ¡ FOI DIVERTIDÍSIMOOO...!
Arriba, o gañador do concurso e na foto de abaixo o resto de cabazas participantes en Educación Infantil. Da medo ou??

No hay comentarios:

Publicar un comentario