19 de diciembre de 2012

QUE VEÑEN OS REIS!!!!

Pois si, pois si...Que veñen os Reis Magos ó cole!!!! E como fomos moi boíños fixemos unhas cartas para eles pedíndolle moitas cousiñas, pero sobre todo que os nenos e nenas de todo o mundo non perdan o seu sorriso, por que ese é o mellor agasallo.

Aqui vos deixo ós nenos de 3, 4 e 5 anos cas súas cartas...e cando veñan os Reis...xa vos informaremos!!!






E por certo... que os nenos e nenas de 3º de Primaria fixeron unha actividade coa súa profe Margarita  que os nenos e nenas de infantil lles encantou...O amigo invisible. Todos levaron hoxe unha postal e un pequeno agasallo que tiveron que buscar despois de sacar o nome dun compañeiro...Igual o ano que ven nos animamos e o facemos nós tamén...
Aqui están todos guapos cos seus agasallos do seu amigo especial!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario