27 de abril de 2020

RETO 10: FACEMOS A NOSA MASCARILLA

Dende onte  os nenos e nenas
xa podedes saír un pouquiño á rúa
pero é moi importante
que levemos unha mascarilla

As profes non a esquecemos cando temos que saír!!


Que vos parece se facemos unha mascarilla??

Primeiro debedes elexir unha tela de algodón, 

e marcar 2 anacos para recortar*

*As medidas para recortar dependen da idade:
Nen@s de 3-5 anos.................... 5,5 cm x 13 cm (talla pequena)
Nen@s de 6-9 anos.................. 6,5 x 15 cm (talla mediana)

 

Logo pintaremos un debuxo en papel ou en tela
para decorar a nosa mascarilla

Despois os papis coserán os dous anacos da mascarilla

Aquí tendes algunhas ideas de como podedes facelo...





No medio da tela de algodón

podes poñer como filtro unha capa impermeable 

que non deixe pasar gotas 

(tela dun paraugas vello, unha cortina do baño...)


Para rematar pegaremos os nosos debuxos 

para facela mais divertida!!

Envíade unha foto coa vosa mascarilla

Seguro que estades moi guap@s!!!


  




 




No hay comentarios:

Publicar un comentario